Sunday 28 de April de 2024

A Coruña Convention Bureau recibe apoio da Deputación para a promoción do turismo MICE na provincia


· A Deputación da Coruña reafirmou o seu compromiso co sector MICE e o turismo profesional da Coruña a través dunha axuda económica para as actividades promovidas pola Coruña Convention Bureau.

· O turismo MICE engloba aquelas accións como conferencias, congresos ou exposicións que supoñen un forte impacto positivo nas cidades que apostan polo mesmo.

· A Coruña Convention Bureau desempeña un papel fundamental na promoción e captación de eventos de ámbito internacional e nacional de carácter profesional. Nos últimos meses, A Coruña estivo presente en diferentes encontros como o Fitur MICE (Madrid), AMEX Interaction (Ámsterdam) ou o asociativo Mice & Forum Inside (Selecta).

A Coruña Convention Bureau, a entidade de carácter público que se encarga da promoción da provincia como lugar idóneo para acoller eventos profesionais, recibiu unha axuda económica procedente da Deputación da Coruña no seu compromiso de apoio ao turismo profesional.

Un ano máis, o órgano provincial ha decidido apostar pola Fundación a través dunha axuda que permite realizar accións por un valor de ata 150.000€ neste sector. Espérase así potenciar o sector, atraer novas oportunidades e consolidar á Coruña como un referente na organización de eventos profesionais de ámbito nacional e internacional.

Entre as actividades celebradas nos últimos meses atópase a presenza da Coruña en Fitur MICE en Madrid, o AMEX Interaction celebrado en Ámsterdam, o asociativo Mice & Forum Inside, en Granada e o GMF Corporate European Buyers de Barcelona.

Co apoio da Deputación púidose celebrar un FAM Trip para organizadores de eventos de AMEX Madrid e Barcelona, así como unha presentación da Coruña MICE na Convención Spain DMCs en Xixón. Outros foros nos que se presentou a oferta MICE da cidade herculina foron: M&I Spring en Istambul; GMF Venues en Toledo e M&I Farma na Haia.

Nos próximos días, A Coruña Convention Bureau estará presente en The Meetings Space, en Split. Con Palexco na Toxa asistirá a un GMF Asociativo no mes de xullo, tras o que se espera que varias entidades realicen un post circuíto na Coruña e celebren algún evento multitudinario. O ano finalizará coa presenza do Convention, esta vez acompañado por ExpoCoruña, nun foro corporativo, organizado por Mice & Forum Inside en Madrid.